A Asociación Cultural Aldea Vella xa anda ultimando o que será a súa terceira edición da Pasaxe de Terror, que este ano incorpora varias novidades. Na noite de Samaín, o 31 de Outubro, a aldea de Astariz (Castrelo de Miño, Ourense) transfórmase para dar cabida a diferentes personaxes aterradores que tentarán por tódolos medios atemorizar aos asistentes.

Unha das novidades máis importantes vai ser a Mostra de Curtas de Terror, que para ir quentando motores e ir entrando en materia, terá lugar no Centro Social de Astariz dende as 20h e de balde!

Coma se prevé unha noite fría, no bar da asociación se poderá mercar, a parte da cea, un chocolate quentiño para que a espera sexa máis amena e se poda socializar co resto do grupo, xa que para entrar, os grupos se formarán de 10-12 persoas.

 

Cartaz Aldea Vella

A entrada á pasaxe de terror ten un prezo de 3€ e mercarase alí. Os asistentes irán entrando por orde de chegada.

Achégate a Astariz e pasarás unha noite… de medo!