Captura

 

BASES

Festival RIR abre o prazo de admisión de curtametraxes para participar na 1ª edición que terá lugar entre o 5 e o 9 de Setembro de 2018.

As bases do consurso son as seguintes:

1. As curtametraxes que se presenten a concurso deben ser producidas a partir do 1 de Xaneiro de 2016.

2. Valorarase positivamente que as obras a concurso sexan estreas e que  aínda non foran amosadas públicamente.

3. Poderán presentarse diferentes curtametraxes (Ficción, Documental ou Animación) mentres que o xénero sexa Comedia, independentemente da súa temática.

4. A duración de cada curtametraxe non superará os 15 minutos con créditos da obra incluidos.

5. A data límite para enviar as pezas será o martes 31 de Xullo de 2018 ás 23.59 horas.

A inscrición poderá facerse a través do portal web festhome completando todos os campos que se indican.

Unha vez feita a inscrición, a persoa ou compañía que inscribiu a obra recibirá un e-mail de confirmación (revisar a carpeta de spam).

5.1. Para calquera dúbida, contactar co correo info@zinemusik.com.

6. Na ficha de inscrición da obra debe especificarse claramente quen é o/a representante legal da obra.

Así mesmo, o autor/a ou representente legal da curta comprométese a presentar obras onde as imaxes e as músicas sexan orixinais ou no seu caso teñan o permiso necesario para utilizalas, que deberán adxuntar se así o require a organización.

7. Todas as curtametraxes e o material audiovisual que se envíe para concursar e participar no RIR deberán ter o seguinte formato de proxección: .MOV ou .MP4 (codec H264)/ bitrate max 15000 kbps, audio AAC. Resolución: 1280 x 720 ou superior.

8. As obras seleccionadas para a competición oficial recibirán unha notificación privada do Festival RIR nas semanas anteriores á celebración do certame, coñecerano antes de que se faga público.

Posteriormente tamén se lles comunicará ós non seleccionados.

9. As obras seleccionadas serán exhibidas dentro da programación do Festival RIR que terá lugar do 5 ó 9 de Setembro de 2018.

10. A organización resérvase o dereito de empregar ata o 10% do minutado de cada peza seleccionada para uso promocional do festival e das propias obras.

11. As obras gañadoras poderán ser exhibidas íntegramente, despois da celebración do evento, nun circuito de actos promocionais do Festival RIR a celebrar en diferentes localidades galegas, previa comunicación á persoa responsable legal da obra.

12. Establécese un xurado que será anunciado antes do inicio do festival e a súa decisión será inapelable.

13. Para os premios do público, as votacións efectuaranse mediante papeleta que se dará aos asistentes a cada sesión. A gañadora será a obra coa mellor media aritmética, resultante de dividir a puntuación total obtida en cada sesión entre o número de votantes e sumar despois as medias obtidas pola obra en todas as sesións.

14. Os premios poderán quedar desertos se algún dos xurados así o decide.

Os xurados poderán establecer as mencións especiais que consideren oportunas.

15. Establécense os seguintes premios:

– Premio do xurado á Mellor Curtametraxe: Galardón.
– Premio do público á Mellor Curtametraxe: Galardón
– Premio do xurado ó Mellor Guión: Galardón.
– Premio do xurado á Mellor Realización: Galardón.
– Premio do xurado á Mellor Interpretación: Galardón.

A participación nesta convocatoria implica a aceptación destas bases.