Dámosche a benvida! Estás no Concello de Riós, na Parroquia de Santo Estevo de Trasestrada e, máis concretamente na súa Casa Reitoral. A denominación popular desta zona é A Chaira que, comprende cinco barrios: A Veiguiña, Domiz, O Souto, Sarreaus e A Eirexa.

Riós está situado no sueste da provincia de Ourense, nas fronteirizas comarcas de Verín e Conso-Frieiras, nunha zona de montaña, de superficie ondulada i enmarcada por pequenas depresións fluviais entre a Serra Seca e a de Penas Libres.

 

A REITORAL DA CHAIRA.-

As paredes que nos acollen teñen décadas de história e centos de relatos,vivencias e acontecementos que conforman o espazo que hoxe estamos a disfrutar.

O párroco D. Gregorio Paradela Delgado foi habitante da casa por máis de 40 anos e deixou pegada polo seu carácter. Curiosas son as “cañoneiras” na pedra polas que apuntaba a calqueira visitante sospeitoso que se achegase á súa vivenda. Hai que lembrar que éste era un lugar afastado e houbo épocas moi complicadas coa guerra civil, o contrabando,etc.

Nas estancias inferiores ubicábanse as cuadras e bodegas. O piso alto era residencia e servía de recepción para os fregueses que se achegaban á Reitoral para as súas xestións.

O terreo que rodea a Reitoral é propiedade do Obispado e recibe o nome de “diestro”. As rendas que os veciños pagaban á Igrexa dotaron económicamente á casa; de ahí o seu tamaño.

 

A CASTAÑA.-

A Casa foi eficazmente restaurada polo Concello e, de resultas, foi inaugurada no ano 2001 como Centro de Interpretación da Castaña.

Riós é terra de Castañas e o Centro pretende dar a coñecer a historia e particularidades deste cultivo tan arraigado na zona.

Tradicionalmente secábase o froito nos “canizos” das cociñas. Con este proceso consérvase sen problema durante varios meses.

Até a chegada da pataca e o millo de América(XVI) foi un alimento básico na dieta dos habitantes desta zona.

No primeiro fin de semana de novembro celébrase a Festa da Castaña e o Cogumelo; un evento que pon de relevo os recursos naturais desta terra pero que tamén da conta do moito que ten que ofrecer no eido da artesanía e o comercio, entre outras cousas.

 

O CAMIÑO DE SANTIAGO

Uns anos máis tarde instalouse na Casa Reitoral un albergue que conta na actualidade con 32 plazas.

Estamos ubicados nunha variante da Ruta da Prata polo que o albergue proporciona plazas de aloxamento a camiñantes de todo o mundo que percorren a senda xacobea.

 

OUTRAS RUTAS

O concello de Riós ten un indudable atractivo para o visitante e ofrece rutas de turismo activo que van máis alá do camiño de Santiago(Foxo dos Lobos,Btt,ruta Europea da Castaña…).

Fornos,muiños e igrexas, entre outros elementos, conforman un riquísimo patrimonio cultural.

De natureza tamén ten moito que amosar Riós. Concello montañoso con altitudes que oscilan aproximadamente entre os 700 e 975 mts

sobre o nivel do mar. A súa máxima elevación está no punto de Fumaces.

O Canon do río Mente que, no seu tramo final fai de fronteira natural con Portugal, acolle especies singulares.

Por todo o Concello castiñeiros,carballos, bidueiros e moitas outras especies conforman un ecosistema diverso e pouco alterado.

Recomendamos pasear sen presa e conversar coa veciñanza. Estamos convencidos de que non hai mellor guía para visitar un lugar que os seus habitantes, e Riós non é unha excepción.

Disfruta da nosa gastronomía e merca productos desta terra que tanto e tan bó ten que ofrecer:mel,castañas,conchos,patacas,pan…

 

AS NOSAS FESTAS.-

Non hai aldea que non teña a súa festa pero hainas con personalidade propria coma a da “Queimada de Castrelo de Cima” ou o Entroido co singular Vellarrón.

 

A ChairaA REITORAL: EDIFICIO MULTIUSOS.-

Un salón de actos permite levar adiante multitude de eventos culturais coma charlas,proxeccións, obradoiros,etc.

No patio celébranse actos culturais ao aire libre(concertos,representacións,etc)

Todas estas posibilidades están en marcha nesta nova etapa que se iniciou nos primeiros de agosto de 2017.

Tamén atoparás información sobre as distintas rutas e lugares a visitar.

Agradecemos a túa visita e pretendemos que disfrutes da túa estancia.