EMILIO RÚA (Vendas da Barreira, Ourense 1976). É un cantautor e músico galego que comeza a súa traxectoria profesional aos sete anos no grupo musical Concorde Atenea formado polo seu pai e os seus catro irmáns. Conta con nove discos publicados no mercado dende o ano 2000 e dúos premios en España de cantautores. No seu último disco Duetos cantan con el 16 artistas nacionais e internacionais como Víctor Manuel, Pablo Milanés, Rozalén, etc. A súa composición/canción Vida Miña foi elixida polos lectores do diario La Voz de Galicia como unha das dez mellores cancións galegas de tódolos tempos

ROSA CEDRÓN (Monforte de Lemos, Lugo, 25 de octubre de 1972). É unha cantante galega e intérprete de violonchelo que comeza a súa andaina musical á idade de sete anos. É coñecida por ser a voz durante nove anos no grupo Luar na Lubre un dos grupos más importantes da música folc en Galicia, e colaborar en discos de músicos como Mike Oldfield con que compartir varios concertos e con gaiteira e pianista Cristina Pato. Foi ademáis profesora de Sabela Ramil, concursante de Operación Triunfo 2018 de RTVE.
Conta con dous discos en solitario.

ROSA CEDRÓN & EMILIO RÚA presentan o espectáculo diversións. Dous artistas cunha amplísima traxectoria no mundo da música, coincidindo ambos en que comezaron na música á idade de sete anos. Diversións é un proxecto conxunto que pon en valor a música en galego neste caso facendo diferentes versións de temas populares, poemas e clásicos universáis. Así como A Carolina, Miudiño, María Soliña, Lela, Camariñas, etc. Un espectáculo diferente con moita calidade, elegante á vez que moi ameno e divertido.