CASTELO

O xacemento conta como defensas coas súas própias caídas naturais, máis pinas cara o N. O seu espazo ocupacional conta cunha parte superior, a croa, presidida por un potente afloramento cuarcítico que o defende do N, mentres que polo S atópase achaiada para facilitar o asento de estruturas. Logo desta parte superior habería un segundo nivel formado polas suaves abas do monte entre o E e o O polo S, no que se aprecia unha intención de horizontalizar as superficies, hoxe moi alteradas polas labores agrícolas, o que daría, en conxunto, neste xacemento, unha superficie de ocupación de tipo medio.